A Agrupación Teatral Enxebre representa esta fin de semana A Pousadeira de Goldoni
Unha representación de A Pousadeira, de Carlo Goldoni, vai ter lugar os días 26, 27 e 28 deste mes de xuño na Casa da Torre (rúa Luis Antonio Mestre), grazas á xenerosa autorización da familia Escuredo, que a prestou amablemente para este fin.
A obra vai ser representada polo grupo teatral da Asociación Enxebre, que ten feito un importante esforzo na adecuación da finca, que se convertirá nun graderío ao aire libre, e dunha parte da Torre que servirá de adecuado fondo á montaxe teatral, ambientada na Italia do século XVIII.
A Pousadeira é unha intelixente e sinxela comedia na que os personaxes participan nunha divertida trama de amores, ciumes, enganos e situacións cómicas que ainda hoxe conservan todo o seu brillante humor. A protagonista, Mirandolina, unha xentil viuva, sempre requerida de amor por todos os visitantes da súa pousada, verá como un indiferente cabaleiro desperta esta vez a súa atención: o enredo está servido.
A obra vai ser representada cada día ás dez da noite, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. As entradas estarán á venda á porta da Torre, a partir das 17: 00 dos días de función, e non estarán numeradas, polo que se prega puntualidade.
O tesouro máis grande do mundo
Hace 5 días


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada